14 dezembro 2005

Os Trinta elixidos!!!!

Xa temos a primeira Lista de convocados pra a SELECCIÓN GALEGA, no partido do vindeiro 29 contra Uruguai en Santiago. Aparenta que temos inda un equipiño bo non?

A lista, por posicións, é a seguinte:

Dani Mallo (Deportivo) e Diego López (Real Madrid), porteiros;

Sito (Ipswich Town), Otero (capitán), Míchel Salgado (Real Madrid), Capi (Zaragoza), Noguerol (Elxe), Rubén (Real Madrid B), Cabrejo (Cartagena), Iago Bouzón (Celta, cedido no Recreativo de Huelva) e Dacosta (Ourense), na defensa.

Para a liña media, Arsenio e Vázquez convocaron a Isaac, Oubiña e Jónathan Aspas (os tres do Celta), Diego Castro (Málaga), Viqueira (Recreativo), Fran (capitán), Juanito (Rácing de Ferrol), Trashorras (Numancia), Julio Álvarez (Murcia), Corredoira (Numancia), Cabanas (Grasshoppers Zürich), Nano (Getafe), Pablo Álvarez (Spórting) e Borja (Mallorca).

Adiante, pelexarán por un posto no once inicial Maikel (Tenerife), Couñago (Málaga), Nacho Novo (Glasgow Rangers), Iván Carril (Deportivo) e Roberto Losada (Valladolid).

O "Estatuto-Papel Higiénico"

(O Correo Galego)


"El presidente del PPdeG y ex jefe del Ejecutivo gallego, Manuel Fraga, criticó hoy duramente la propuesta de reforma del Estatuto Autonomía de Galicia presentada por el BNG, al asegurar que es absolutamente inconstitucional "aunque muy buena como papel higiénico". Pese a esta consideración, Fraga valoró, en una entrevista concedida a Radio Obradoiro, la disposición a alcanzar acuerdos con otras fuerzas manifestada por algunos dirigentes de su partido --como el candidato a la sucesión, Alberto Núñez Feijoo--, aunque insistió que cualquier propuesta debe adecuarse a la Constitución. "Dialogamos hasta con el demonio si es por el bien de Galicia. El problema es que hay quien quiere diálogo sin condiciones previas, y nosotros las tenemos", advirtió el político de Vilalba. Además, criticó la gestión del gobierno bipartito de la Xunta y resumió los primeros meses de legislatura como "palabras, palabras, palabras". En cuanto a las grabaciones sobre el Prestige aparecidas recientemente, Fraga consideró que obedecen a la caída del PSOE en las últimas encuestas y a su necesidad de recuperar la confianza de los ciudadanos. Por último, Fraga dio por seguro que su sucesor al frente del partido será Alberto Núñez Feijoo, quien según el ex presidente de la Xunta será capaz de llegar a un acuerdo con José Manuel Barreiro para concurrir al congreso en una candidatura única."



Isto xa é o que me faltaba por ler, Fraga, que ultimamente xa nos tiña bastante acostumado a frases fora de lugar....pouco a pouco vai subindo o listón (que xa está moi alto a verdade...).
Fala que é un demócrata? Que eu sepa os demócratas recoñecen que hai máis opinions que a propia, que poden diferir, inda que mandará a da maioria que se estableza.
Pois el nin respeta opinións alleas....é moi triste a verdade.....moi triste.

Con isto eu non digo que comparta as ideas que emanan da proposta de estatuto do BNG (que non da xunta), se non que digo que non se pode falar así de algo que é totalmente lexítimo, que inda é unha proposta de un partido (reflexando as ideas do partido) que inda se ten que debatir no parlamento autonómico (onde se supón que os outros 2 levarán a sua proposta tamén), e logo a que saia (que será a dos 3 non a do BNG) ten que ser discutida de novo en Madrid....
Asi que paréceme ata conceptualmente fora de lugar as moitísimas criticas que está a recibir o BNG -e ata o Governo bipartito, (Touriño...etc)- por algo que é lexítimo, e que non vulnera o dereito dos demais de presentar tamén as suas opcións....

....pero o que fan é o máis DICTATORIAL e triste......dicir que se ese texto (o do pensamento dun partido) vaise levar pra discutir na ponencia parlamentaria, pois que eles non van...que non participan....
Que teñen "ideas xa feitas" e non renunciarán a elas....home se levamos iso ó extremo....sería dificil dialogar con alguén que sexa así non creedes?, pois se NON PENSA CEDER NADA, NIN ESCOITAR NADA QUE NON SEXA O QUE O PP PENSA......pois o dialogo é moi dificil.....

Se isto xa digo que é triste, a min o que máis me desanima é pensar que hai moitiiiiiisimos galegos que os apoian....que pensan coma eles....que son tan intransixentes......

Non podemos dividirnos os cidadáns por "partidos", "ti es bloqueiro, el socialista, estoutro é do PP e aquel é Galeguista".......cada un temos unha forma de pensar, de entende-las cousas, diferente nunhas cousas e semellante noutras....
NON PODERIAMOS OS CIDADÁNS ENSINARLLE OS POLITICOS que AS COUSAS PODEN FALARSE SEN CRISPACIÓN???

Se estiverades en Madrid, veríade-lo "odio" ou tremendíiiiisima tensión que hai entre a xente para contra ó catalán e os cataláns....ata o punto de que moitas familias non pensan mercar Cava catalán pra non darlles diñeiro......
CANTA XENTE ENGANADA PO-LOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, E PO-LA CRISPACIÓN CREADA PO-LO PP E NON SOLUCIONADA POR UN GOVERNO NON DEMASIADO INTELIXENTE.....

Si, aqui si que vou dar contra un partido.....hoxe en dia, o PP É A ALMA DA CRISPACIÓN, EN GALIZA E NO ESTADO... os do PSOE cometen fallos....pero a lavor da oposición non é facer iso, é tamen mirar po-lo ben de españa, (e Galiza se falamos do PPdG), senon PRO-PO-ÑER!!!!
CRITICAR E PROPOÑER alternativas....E NON MENTIR TANTO....pq mentiron MOITISIMO...


ufff...creo que debo deixar iso pq quentome demasiado.....a min a xente que é FANATICA, sexa de España, de Galiza ou de Cuspedriños dabaixo, tanto me da, todos eles son os que deben andar LONXE DOS POSTOS DE MANDO. pq non teñen cabeza.....hai que ter "talante" como dicia Zapatero, si fai falla, é verdade, pero con CONTIDOS, con VERDADES e con "TALENTO"....e o governo en algúns puntos carece de varios destes puntos.....

Voltando a Galiza, xa pra rematar por agora, -pq xa me estou a liar de máis-, o PPdG, terá que quitarse ese dG, pq é como o PP de madrid....
ademáis acostuman a usar o termo "Galeguistas", non señores, non, o PP non é GALEGUISTA, pra iso xa está o PG, Partido Galeguista, que son os que de verdad son Galeguistas con todo o significado do termo.
Se con "galeguistas" se refiren a que queren o ben de galiza.....tamen en ocasións o poño en dúbida.....querra dicir ese Galeguistas, que teñen a sede en galiza, e que case todos eles naceron en galiza...nada máis...

O termo Galeguista (que non GALLEGUISTA), é do PARTIDO GALEGUISTA....partido histórico dende a época de Castelao, que fixo posible o I Estatuto Galego no 36
E que agora voltan a andar da man de Xabier Gonzalez....


Weno, agora si que si, deixo o tema, que estou canso e teño cousas que facer


Saúde e Terra,

lma.

10 novembro 2005

Un ave Fénix en Vigo....Xa voltamos!

Xa dicía eu que de algo ía servir un paso por segunda....


Agora somos un clube máis modesto, pero a vez ambicioso, e todo-lo que temos feito ata agora, que non é pouco, so ten que levarnos a alegrarnos, simplemente, nada de triunfalismos, ou "o próximo ano Europa", pq de iso careceu a afición celeste en anteriores etapas...de xente máis sensata, que recorde Quén é o Celta, de ónde proven, e cales serían as metas que se lles pode esixir os xogadores....

Enfadarse porque o equipo non estea de primeiro, ou sempre en Europa é de inconscientes.
Vigo é unha cidade de 300.000 habitantes censados, máis toda a comarca, que o converte nunha cidade de 400.000 habitantes "reais"...
A coruña, con case 80.000-100.000 habitantes menos, ten máis afiliados....iso non quere dicir algo?

Pois si...que en Vigo a afición de verdade é cousa duns poucos, e o resto, que se din "celtistas", soamente saben criticar cando a cousa se torce un pouco...
Pra España, Vigo non é unha cidade moi grande (como pra Galiza), pois so temos que ve-los máis de 3millóns da Cidade de Madrid, ou 1'5mill de Barcelona, ou os 700.000 de Sevilla, Bilbo ou Valencia (todos son cifras asi máis ou menos)...Tendo en conta que as dúas primeiras teñen 2 equipos importantes cada unha en primeira, e que Sevilla tamén, Bilbo ten un, e Valencia outro.... quedaría poco oco pra outros nos primeiros postos....pero claro, non todo se rixe por iso, porque por exemplo o Athletic so ficha xogadores "vascos", asi que xa baixa a sua potencialidade (pero gaña máis arraigamento...etc).
Os outros 7 equipos a priori, si se lles podería esixir estar sempre arriba...pq teñen en xeral, moita afición que os respalda, e salvando o caso do Espanyol, coido que o resto teñen moito diñeiro....
Pero mira ti, que nin estes son capaces de manterse asi.....nin sequera os dous grandes Madrid e Barcelona...

Todos teñen épocas...evidentemente os grandes ó son pq teñen máis épocas de luces ca de sombras...
Pero o resto témomos que conformar cuns anos bos, desfrutalos, e agardar e animar, e axudar, cando toquen os anos malos....isto é lei de vida...e quen non o queira ver así, e que é un iluso.


O caso excepcional ata agora, e que o deixo pra agora, pra o final, é o que ata agora era a excepción a esta norma....claro, o Depor.

Unha cidade relativamente pequena, con non moito presupuesto.....e logra dende os anos 90 ter o equipo case "campaña si, seguinte tamén" entre os millores da liga española, chegando a gañar, como todos sabemos un campionato, e varios subcampionatos, aparte de duas copas do rei, e as 3 supercopas que xogou....
digo que ata agora era a excepción pq o ano pasado xa amosou un cambio de tndencia....e é que a economía lle pasa factura a calquera...e se és o 2º clube con máis debedas de toda a LFP, pois tes moitas cartas de que cando deportivamente a cousa non marche tan bem como adoitaba, pois o globo se pinche....
E pinchouse!!, pero inda teñen na Coruña, xente intelixente, e fixeron un grandioso fichaxe este vrán pra darlle novos aires.....e non é ningun dianteiro...é Caparrós.....si, porque el soiño está revitalizando a un equipo que estaba ferido de morte....e mirádeo...agora mesmo creo que anda de 8º...

Moito mérito ten o feito po-lo deportivo....pero máis merito ten que ter agora...pois ata o de agora, non foron máis ca 10-15 anos bos de 100!!!, agora teñen que demostrar que non foron espellismos, ou unha etapa de sorte.....


Po-la contra, o meu celtiña, xa tivo a cura de humildade da 2ª división, e cos tremendos fichaxes que fixemos este vran, e un Bo entrenador, estamos a facer, ata o de agora, unha campaña extraordinaria....pois, somos un recén ascendido, a nosa meta "a priori" é non descender....e estamos no 4º posto!!!
Non me fago ilusións....pero o que me fai ilusión é que, cantas máis xornadas aguantemos ahi, máis probable é que cumpramo-lo obxectivo de manternos en 1ª antes....e logo, se se pode, unha vez feito iso -e SO unha vez feito iso-, xa poderemos falar de metas superiores ou máis ambiciosas....a "intertoto", a UEFA......(e máis xa non nombro pq semella demasiada imaxinación :P)


Iso si, Á COPA NON RENUNCIAMOS.....a historia débenos unha!! (ou 3!!!) jajaja, asi que con este triunfo (inda que contra un equipo pequeno -pero por iso moito máis motivado-) estamos a por a primeira pedra pra tentar lograr porfin o primeiro titulo oficial do Celta.....
.....que xa toca....:P

Un saúdo


P.D. Que conste que nós somos un equipo moito máis xove que o Depor (en idade dos nosos xogadores e tamén en idade do clube), e cando o Depor tiña os mesmos anos ca nos, non tiña nin a 100000000000 parte da historia que temos nos....e a primeira división apenas a habian cheirado......asi que inda temos tempo de supera-los en titulos e en todo...jajajjaa xDDDD -isto si que é esperanzas no equipo non?-

09 novembro 2005

A Poligamia...e outras mentiras...


Onde imos chegar!!!
Mira que os Cataláns son peseteiros, e o que redactaron vai pra sua gloria nacional....esquecendose de que inda somos algúns en "españa" que necesitamos algún apoio...

Pero diso as palabras de Josemari....mira que é lorcho, como se poden dicir tantas barbaridades?, somentes lle faltaba continua-lo discurso dicindo que había "armas de destrucción masiva" jajaja
pra completar un bo discurso de mentiras...

Eu, estou dacordo con que o que presentaron dende Catalunya vaia a Madrid e se debata...estou dacordo con moitas cousas dese estatut, e estou en desacordo en moitas outras, pero o que non faría nunca sería dicir barbaries, pq tal como din algúns máis sensatos, o que están a facer agora xente asi...é crispar e atemoriza-la xente, que inda porriba ningún deles se leeu o "estatut", e teñen o morro de dicir qeu levará a un cambio de réxime, ou ATA A POLIGAMIA...iso si que é ter collóns...jajaja
Agora vai outro e di que a "cláusala Camps" (pra os menos informados, é unha clausula que puxo Camps, presidente Valenciá, que di que pode coller calquera competencia que a partir de entón colla calquera outra comunidade) son ganas de conquistar españa.!!! -xa sei que non ten sentido....pero o outro tampouco! :P-

Que España vai rachar???, non creo....españa son os españois....o que vai e ten que pasar é que se organicen as cousas como se teñen que organizar...

Pra os que non o saiban: A Constitución NON É a biblia, non é un libro sagrado dado por deus os españois pra a sua organización....foi un ACORDO entre todos, despois dun dos periodos máis represivos, pra establece-la democracia.....pero como todo, non se pode quita-lo contexto histórico que ten aquel momento...
As Nacións sen Estado, tiveron que ceder nas suas aspiracións po-lo ben de todos...pq daquela o poder do exército inda estaba moi do lado franquista.
Así que pq Catalunya agora diga que quere que se lle recoñeza como Nación...non temos que alporizarnos, pq eles queren estar dentro de España...
E o feito de ser Nación, na realidade non se "decide" en Madrid.....ou se é nación ou non se é....

Iso so o decide a historia, e a xente que a forma.....non se pode nun despacho coller e dicir...este non é nación, este si....ou "españa é a única nación do estado"...pq por moito que o poña a constitución, iso non é verdade....
















A Palabra que recolle a Constitución do 78 é "Nacionalidade"....e Qué é unha Nacionalidade?...acaso Nacionalidade non ven de Nación?....ese foi un termo Cobarde, pra evita-la reacción do exercito naquel momento...pero agora....as cousas po-lo seu nome por favor!

Identidade Nacional?, pero Que clase de patraña é esa? jajaja....pra iso estamos ben con Nacionalidade Histórica...


Se o problema é "saltarse ou non a constitución"....teño que recordar que agora Valencia vai ser Nacionalidade Histórica, e na constitución NON O É!...e iso que establece moi claramente cales son as Nacionalidades Históricas....e tamén di a costitución que o Estado Español, ten a competencia exclusiva en materia de moeda e política moetaria......jajaja e iso?....se agora a competencia a ten a UE...e a nosa constitución sigue sen recoñecer sequera a UE!!!

Como podedes ollar...a constitución non é perfecta...e despois de máis de 25 anos xa toca reforma-la....ou acaso España é a mesma que en 1978???, claro que non....e non vos deixedes enganar con iso de que España vai Rachar....pq a mellor forma de facer estable a españa é que todos nos sintamos a gusto....e que todo funcione....
Non se pode Impoñer a un 90% dos Cataláns!!! e sobretodo dicindo (como dixo Rajoy) no parlamento, que ninguén dos presentes (e estaban os 3 representantes do parlamento Catalán), podía falar en nome de Catalunya e dos cataláns......se eles non representan os cataláns....quen o fai?...se representan case o 90%....

Weno, como podedes ver, xa me estou a raiar moito co tema....pero é que neste tempo...deu pra moito...e pra nada!

Un saúdo

08 novembro 2005

Pra comezar, un saúdo

Ola a todos, esta Blog non aspira a máis que a ser un medio de expresión, e de "raiadas de cachola" que se me van dando...non ten máis interese nin finalidade, asi que non é moi complexo...

Por falar podo falar tanto das Novas, estrelas, arte, arquitectura, politica ou do desvaraie maior que se me pase pola cabeza...nun momento facer unha intro dun blog que nace sen unha finalidade maior ca propia de falar é un pouco complexo non?

Weno, si, si, xa, o teño que recoñecer, e que estou aburrido e algo teño que facer...entón pensei....e se fago un Blog?...pois atopei onde facelo de balde...e puxenme a elo...
Que logo non vai?, pois non pasa nada...que si que vai...pois xenial, haberei atopado un novo mundo de comunicación.

Eu coido que comezar dicindo todo isto, inda que non sexa un xenial comezo, é comezar....asi que...dende aqui, ata onde chegue a miña e vosa paciencia.

Un saúdo