14 dezembro 2005

Os Trinta elixidos!!!!

Xa temos a primeira Lista de convocados pra a SELECCIÓN GALEGA, no partido do vindeiro 29 contra Uruguai en Santiago. Aparenta que temos inda un equipiño bo non?

A lista, por posicións, é a seguinte:

Dani Mallo (Deportivo) e Diego López (Real Madrid), porteiros;

Sito (Ipswich Town), Otero (capitán), Míchel Salgado (Real Madrid), Capi (Zaragoza), Noguerol (Elxe), Rubén (Real Madrid B), Cabrejo (Cartagena), Iago Bouzón (Celta, cedido no Recreativo de Huelva) e Dacosta (Ourense), na defensa.

Para a liña media, Arsenio e Vázquez convocaron a Isaac, Oubiña e Jónathan Aspas (os tres do Celta), Diego Castro (Málaga), Viqueira (Recreativo), Fran (capitán), Juanito (Rácing de Ferrol), Trashorras (Numancia), Julio Álvarez (Murcia), Corredoira (Numancia), Cabanas (Grasshoppers Zürich), Nano (Getafe), Pablo Álvarez (Spórting) e Borja (Mallorca).

Adiante, pelexarán por un posto no once inicial Maikel (Tenerife), Couñago (Málaga), Nacho Novo (Glasgow Rangers), Iván Carril (Deportivo) e Roberto Losada (Valladolid).

Sem comentários: