09 novembro 2005

A Poligamia...e outras mentiras...


Onde imos chegar!!!
Mira que os Cataláns son peseteiros, e o que redactaron vai pra sua gloria nacional....esquecendose de que inda somos algúns en "españa" que necesitamos algún apoio...

Pero diso as palabras de Josemari....mira que é lorcho, como se poden dicir tantas barbaridades?, somentes lle faltaba continua-lo discurso dicindo que había "armas de destrucción masiva" jajaja
pra completar un bo discurso de mentiras...

Eu, estou dacordo con que o que presentaron dende Catalunya vaia a Madrid e se debata...estou dacordo con moitas cousas dese estatut, e estou en desacordo en moitas outras, pero o que non faría nunca sería dicir barbaries, pq tal como din algúns máis sensatos, o que están a facer agora xente asi...é crispar e atemoriza-la xente, que inda porriba ningún deles se leeu o "estatut", e teñen o morro de dicir qeu levará a un cambio de réxime, ou ATA A POLIGAMIA...iso si que é ter collóns...jajaja
Agora vai outro e di que a "cláusala Camps" (pra os menos informados, é unha clausula que puxo Camps, presidente Valenciá, que di que pode coller calquera competencia que a partir de entón colla calquera outra comunidade) son ganas de conquistar españa.!!! -xa sei que non ten sentido....pero o outro tampouco! :P-

Que España vai rachar???, non creo....españa son os españois....o que vai e ten que pasar é que se organicen as cousas como se teñen que organizar...

Pra os que non o saiban: A Constitución NON É a biblia, non é un libro sagrado dado por deus os españois pra a sua organización....foi un ACORDO entre todos, despois dun dos periodos máis represivos, pra establece-la democracia.....pero como todo, non se pode quita-lo contexto histórico que ten aquel momento...
As Nacións sen Estado, tiveron que ceder nas suas aspiracións po-lo ben de todos...pq daquela o poder do exército inda estaba moi do lado franquista.
Así que pq Catalunya agora diga que quere que se lle recoñeza como Nación...non temos que alporizarnos, pq eles queren estar dentro de España...
E o feito de ser Nación, na realidade non se "decide" en Madrid.....ou se é nación ou non se é....

Iso so o decide a historia, e a xente que a forma.....non se pode nun despacho coller e dicir...este non é nación, este si....ou "españa é a única nación do estado"...pq por moito que o poña a constitución, iso non é verdade....
















A Palabra que recolle a Constitución do 78 é "Nacionalidade"....e Qué é unha Nacionalidade?...acaso Nacionalidade non ven de Nación?....ese foi un termo Cobarde, pra evita-la reacción do exercito naquel momento...pero agora....as cousas po-lo seu nome por favor!

Identidade Nacional?, pero Que clase de patraña é esa? jajaja....pra iso estamos ben con Nacionalidade Histórica...


Se o problema é "saltarse ou non a constitución"....teño que recordar que agora Valencia vai ser Nacionalidade Histórica, e na constitución NON O É!...e iso que establece moi claramente cales son as Nacionalidades Históricas....e tamén di a costitución que o Estado Español, ten a competencia exclusiva en materia de moeda e política moetaria......jajaja e iso?....se agora a competencia a ten a UE...e a nosa constitución sigue sen recoñecer sequera a UE!!!

Como podedes ollar...a constitución non é perfecta...e despois de máis de 25 anos xa toca reforma-la....ou acaso España é a mesma que en 1978???, claro que non....e non vos deixedes enganar con iso de que España vai Rachar....pq a mellor forma de facer estable a españa é que todos nos sintamos a gusto....e que todo funcione....
Non se pode Impoñer a un 90% dos Cataláns!!! e sobretodo dicindo (como dixo Rajoy) no parlamento, que ninguén dos presentes (e estaban os 3 representantes do parlamento Catalán), podía falar en nome de Catalunya e dos cataláns......se eles non representan os cataláns....quen o fai?...se representan case o 90%....

Weno, como podedes ver, xa me estou a raiar moito co tema....pero é que neste tempo...deu pra moito...e pra nada!

Un saúdo

3 comentários:

Anónimo disse...

Are there any other blogs about your tropic? -----------------------------------------------------------------------------buy-esgic discount

lma disse...

where are u from? and what are talking about? I cant understand the meaning of your question

Anónimo disse...

What? It's a kind of swindle? Nobody give money for nothing...or 100 Dollar for a Dollar...What kind of joke is that?

I can't belive that you understand my blog...

I can't understand that situation, can you explain it to me?

Blog master