Agora somos un clube máis modesto, pero a vez ambicioso, e todo-lo que temos feito ata agora, que non é pouco, so ten que levarnos a alegrarnos, simplemente, nada de triunfalismos, ou "o próximo ano Europa", pq de iso careceu a afición celeste en anteriores etapas...de xente máis sensata, que recorde Quén é o Celta, de ónde proven, e cales serían as metas que se lles pode esixir os xogadores....
Enfadarse porque o equipo non estea de primeiro, ou sempre en Europa é de inconscientes.
Vigo é unha cidade de 300.000 habitantes censados, máis toda a comarca, que o converte nunha cidade de 400.000 habitantes "reais"...
A coruña, con case 80.000-100.000 habitantes menos, ten máis afiliados....iso non quere dicir algo?
Pois si...que en Vigo a afición de verdade é cousa duns poucos, e o resto, que se din "celtistas", soamente saben criticar cando a cousa se torce un pouco...
Pra España, Vigo non é unha cidade moi grande (como pra Galiza), pois so temos que ve-los máis de 3millóns da Cidade de Madrid, ou 1'5mill de Barcelona, ou os 700.000 de Sevilla, Bilbo ou Valencia (todos son cifras asi máis ou menos)...Tendo en conta que as dúas primeiras teñen 2 equipos importantes cada unha en primeira, e que Sevilla tamén, Bilbo ten un, e Valencia outro.... quedaría poco oco pra outros nos primeiros postos....pero claro, non todo se rixe por iso, porque por exemplo o Athletic so ficha xogadores "vascos", asi que xa baixa a sua potencialidade (pero gaña máis arraigamento...etc).
Os outros 7 equipos a priori, si se lles podería esixir estar sempre arriba...pq teñen en xeral, moita afición que os respalda, e salvando o caso do Espanyol, coido que o resto teñen moito diñeiro....
Pero mira ti, que nin estes son capaces de manterse asi.....nin sequera os dous grandes Madrid e Barcelona...
Todos teñen épocas...evidentemente os grandes ó son pq teñen máis épocas de luces ca de sombras...
Pero o resto témomos que conformar cuns anos bos, desfrutalos, e agardar e animar, e axudar, cando toquen os anos malos....isto é lei de vida...e quen non o queira ver así, e que é un iluso.
O caso excepcional ata agora, e que o deixo pra agora, pra o final, é o que ata agora era a excepción a esta norma....claro, o Depor.
Unha cidade relativamente pequena, con non moito presupuesto.....e logra dende os anos 90 ter o equipo case "campaña si, seguinte tamén" entre os millores da liga española, chegando a gañar, como todos sabemos un campionato, e varios subcampionatos, aparte de duas copas do
digo que ata agora era a excepción pq o ano pasado xa amosou un cambio de tndencia....e é que a economía lle pasa factura a calquera...e se és o 2º clube con máis debedas de toda a LFP, pois tes moitas cartas de que cando deportivamente a cousa non marche tan bem como adoitaba, pois o globo se pinche....
E pinchouse!!, pero inda teñen na Coruña, xente intelixente, e fixeron un grandioso fichaxe este vrán pra darlle novos aires.....e non é ningun dianteiro...é Caparrós.....si, porque el soiño está revitalizando a un equipo que estaba ferido de morte....e mirádeo...agora mesmo creo que anda de 8º...
Moito mérito ten o feito po-lo deportivo....pero máis merito ten que ter agora...pois ata o de agora, non foron máis ca 10-15 anos bos de 100!!!, agora teñen que demostrar que non foron espellismos, ou unha etapa de sorte.....
Po-la contra, o meu celtiña, xa tivo a cura de humildade da 2ª división, e cos tremendos fichaxes que fixemos este vran, e un Bo entrenador, estamos a facer, ata o de agora, unha campaña extraordinaria....pois, somos un recén ascendido, a nosa meta "a priori" é non descender....e estamos no 4º posto!!!
Non me fago ilusións....pero o que me fai ilusión é que, cantas máis xornadas aguantemos ahi, máis probable é que cumpramo-lo obxectivo de manternos en 1ª antes....e logo, se se pode, unha vez feito iso -e SO unha vez feito iso-, xa poderemos falar de metas superiores ou máis ambiciosas....a "intertoto", a UEFA......(e máis xa non nombro pq semella demasiada imaxinación :P)
Iso si, Á COPA NON RENUNCIAMOS.....a historia débenos unha!! (ou 3!!!) jajaja, asi que con este triunfo (inda que contra un equipo pequeno -pero por iso moito máis motivado-) estamos a por a primeira pedra pra tentar lograr porfin o primeiro titulo oficial do Celta.....
.....que xa toca....:P
Un saúdo
P.D. Que conste que nós somos un equipo moito máis xove que o Depor (en idade dos nosos xogadores e tamén en idade do clube), e cando o Depor tiña os mesmos anos ca nos, non tiña nin a 100000000000 parte da historia que temos nos....e a primeira división apenas a habian cheirado......asi que inda temos tempo de supera-los en titulos e en todo...jajajjaa xDDDD -isto si que é esperanzas no equipo non?-



